Interior Galego Vivo e o PartidoSocialista chegan a un acordo para ungoberno de coalición en Vilardevós

Interior Galego Vivo e o PartidoSocialista chegan a un acordo para ungoberno de coalición en Vilardevós

Os/as Concelleiros/as electos/as Interior Galego Vivo e do Partido Socialista asinaron na
tarde deste xoves 15 de xuño o acordo de goberno entre as dúas formacións políticas.
No pacto estabrécese unha alcaldía rotatoria, comezando o mandato o partido socialista,
accedendo a alcaldía Eva María Pérez Gamote que a partir de marzo de 2026 cederá o
bastón de mando a Tamara Balboa García ata finalizar a lexislatura. A primeira tenencia
de alcaldía será ocupada en cada momento polo partido que non ostente a alcaldía.
No marco deste acordo Interior Galego Vivo contará con dúas Concelleiras, tal e como
demandaba para chegar a un pacto de goberno. Tamara Balboa será Concelleira de
Festexos, Cultura, Deporte e Asociacionismo con competencias en Protección Civil e
José Manuel Álvarez Nieto será o Concelleiro do sector primario con competencias no
tractor desbrozadora e no mantemento dos camiños do Concello.
Entre outros puntos fundamentais para a gobernabilidade, tamén se acordou a
representación do Concello na Mancomunidade, GDR e Consello escolar, dividindo as
competencias entre ambas formacións.
Este acordo é froito dun longo proceso de negociación entre ambas partidos que a partir
de agora se comprometen a afrontar un goberno estable e de progreso para o Concello de
Vilardevós.

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.