Aquí podes ler as condicións de uso do sitio web de Interior Galego Vivo – en adiante, IGV – así como a súa política de privacidade.
O uso deste sitio web implica a expresa e plena aceptación destas condicións xerais.
TITULARIDADE
A páxina web con URL www.igv.gal (en diante, IGV) é propiedade de Interior Galego Vivo, partido político con personalidade xurídica propia de acordo coa Lei Orgánica 6/2002, do 27 de xuño, e CIF G44637809. O seu domicilio social está en .Lugar de Outeiro, número 4. Santa Cruz de Viana, 27519, Chantada (LUGO)..
Datos de contacto:
Correo electrónico: interiorgalegovivo@gmail.com
POLÍTICA DE PRIVACIDADE
IGV infórmalle pola presente que todos os datos facilitados a través de formularios electrónicos e/ou mediante correo electrónico serán tratados con estrita confidencialidade de acordo co disposto no Regulamento Europeo de Protección de datos (UE) 2016/679, e informa que tes dereito de acceso ao ficheiro, rectificación, cancelación ou oposición dos teus datos, podendo exercitar tales dereitos enviando por escrito unha solicitude a:
Interior Galego Vivo: interiorgalegovivo@gmail.com
IGV comprométese ao uso responsable e confidencial dos datos, garantindo que os datos das persoas usuarias se tratan de acordo coas esixencias legais, e que tan só serán utilizados por IGV co propósito indicado de comunicación, información e administración.
Os datos solicitados son os adecuados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito e finalidades. A persoa usuaria responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose IGV o dereito a excluír dos servizos rexistrados a toda usuaria ou usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións legais que poidan proceder.
Mediante o envío dos formularios existentes neste sitio web ou mediante o envío dunha mensaxe de correo electrónico, a persoa remitente presta o seu consentimento ao tratamento automatizado dos datos incluídos no mesmo. En calquera caso os datos facilitados non serán nunca obxecto de cesión a terceiros.
ACEPTACIÓN POR PARTE DA PERSOA USUARIA
A web de IGV proporciona o acceso a multitude de contidos en Internet pertencentes a IGV, aos que a persoa usuaria pode ter acceso. A usuaria ou usuario asume a responsabilidade do uso desta web.
A usuaria ou usuario comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que IGV ofrece a través da súa web e obrígase a non empregalos para: incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, homófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos, ou calquera outra forma de discriminación non permitidas pola nosa lexislación; provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de IGV, dos seus provedores ou de terceiras persoas; introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados; tentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutras usuarias ou usuarios e/ou modificar ou manipular as súas mensaxes.
INFORMACIÓN PERSOAL E CONFIDENCIALIDADE
IGV informa de que todos os datos persoas facilitados a través de formularios electrónicos, mediante correo electrónico, inscrición e/ou subscrición aos servizos do sitio web, serán tratados con estrita confidencialidade tal e como esixe o Regulamento Europeo de Protección de datos (UE) 2016/679. Neste sentido garantimos que o tratamento destes datos efectúase baixo os niveis de seguridade establecidos na Lei e que impiden a súa manipulación ou uso e acceso non autorizados por parte de terceiros que o poidan utilizar para finalidades distintas para as que foron solicitados.
Os datos persoais, como o seu correo electrónico, nome, dirección postal onde resida, número de teléfono; información demográfica: idade, xénero, preferencias e intereses, código postal… que se pidan ás usuarias ou usuarios terán como única finalidade prestar os servizos para os que se soliciten, e manter coas persoas usuarias unha comunicación fluída, enviando a través de calquera medio (correo postal ou electrónico, teléfono fixo ou móbil, SMS, MMS, Internet, WhatsApp, etc.) a información que IGV considera útil e as noticias máis importantes da nosa actividade política.. En todo caso IGV é o único destinatario dos datos e esta información poderá ser utilizada para xestionar a administración da web ou realizar estudos estatísticos de natureza interna e de carácter estritamente confidencial.
A usuaria ou usuario garante que os datos persoais que facilita son veraces e correctos, e IGV resérvase o dereito a excluír dos servizos do sitio web a toda usuaria ou usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito.
IGV non se responsabiliza no caso de que os datos achegados sexan inexactos ou falsos.
IGV non comparte a súa información de contacto con terceiros con fins comerciais.
En calquera momento pode solicitar a baixa de recepción de información enviada polos nosos sistemas, así como a baixa dos nosos rexistros. Para iso atopará en todos os correos electrónicos que reciba pola nosa banda unha ligazón ou un correo electrónico que lle permitirá solicitar a baixa correspondente.
COOKIES
O sitio web de www.igv.gal utiliza “cookies” (pequenos arquivos de información que o servidor envía ao computador de quen accede á páxina) na medida imprescindíbel para o correcto funcionamento e visualización do sitio web por parte da persoa usuaria. Poden ser de diversos tipos:
Cookies esenciais. Trátase de cookies técnicas necesarias para xestionar o fluxo de navegación dentro da web ou para manterte conectado á mesma. Se as deshabilitas, é posible que algún apartado da web non funcione correctamente.
Cookies de personalización. Necesarias para lembrar determinadas preferencias do usuario.
Cookies analíticas. Axúdannos a nós e a terceiros a recompilar información da procedencia dos usuarios e a súa navegación dentro da web, a efectos de realizar unha análise estatística para poder mellorar a súa estrutura e contidos.
Cookies para compartición social. Estas cookies son necesarias para identificarche nas túas redes sociais e así permitirche compartir contidos.
LIGAZÓNS
As ligazóns contidas no sitio web www.igv.gal poden dirixir a páxinas web de terceiros. IGV non asume ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servizos que puidesen aparecer nos devanditos sitios, que terán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación algunha entre IGV e estas entidades ou persoas.
LEXISLACIÓN E XURISDICIÓN APLICABLE
A relación entre o IGV e a persoa usuaria rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos xulgados e Tribunais de Lugo.