14 Ago Interior Galego Vivo lamenta que a Xunta deixe as persoas viticultoras á interperie
Sinalan que as persoas produtoras que mantiveron a paisaxe levan décadas vendendo a perdas a pesar dos custos disparados, nomeadamente na DOP Ribeira Sacra.
Interior Galego Vivo alerta da situación de extrema precariedade na que afronta a viticultura galega unha nova vendima. A mudanza climática está a adiantar os ciclos, as vagas de calor son cada vez máis frecuentes, a seca dificulta o cultivo e os custos de produción non deixaron de medrar. Por en canto, os prezos da uva na orixe levan máis de dúas décadas practicamente conxelados.
En Rías Baixas, despois de anos de descontrol na promoción de novas plantaciós asociadas a fondos de investimento, os prezos e a recollida resítense sendo os maiores damnificados, coma sempre, os pequenos produtores, que recebirán por volta de 1.50€ por quilo de uva producido. En Monterrei os prezos semella que oscilarán entre 1.50 para o godello, 1.20 para treixadura e 0.80 para mencía. Porén, é na Ribeira Sacra onde a situación é especialmente grave. Moitos contratos de compravenda da uva continúan sen asinar e, alí onde se están a formalizar, manéxanse prezos por volta de 1,20 €/kg para a Mencía, 0,70 €/kg para a Garnacha e 1,60 €/kg para o Godello. Prezos de ruína que supoñen vender a perdas dada a orografía e a suba dos custes de produción.

Prezos que resultan aínda máis inaceptábeis nun contexto no que o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra reduciu os rendementos, en canto os custos da mao de obra, combustíbel, fertilizantes, tratamentos, maquinaria e seguros non deixaron de aumentar.
? ??????????? ??? ???? ?????? ?????????? ? ??́????
Hai unha responsabilidade evidente da Consellaría do Medio Rural: a Galiza continúa sen contar cun estudo oficial, actualizado e fiábel dos custos efectivos de produción da uva en casa área de produción, que permita aplicar con garantías a Lei da Cadea Alimentar. De feito, na DOP Ribeira Sacra nunca o houbo.
Sen coñecer e recoñecer os custos reais de producir unha quilo de uva nunha viticultura de montaña como a da Ribeira Sacra, a aplicación da Lei da Cadea convértese nunha declaración de intencións e na práctica é auga de castañas. Tampouco hai controis reais.
Así as cousas, mentres a Xunta non fai o seu traballo, as viticultoras e viticulrores quedan á intemperie fronte ao poder negociador das adegas. As consecuencias: falta de rendibilidade e relevo xeracional que multiplican o abandono do viñedo histórico en todo o canón dos ríos Miño, Cabe e Sil. Hai moitas hectáreas que xa se abandonan cada ano e outras ás que apenas se lles fai a poda, é dicir, en proceso de abandono. A isto súmase a media de idade de moitos viticultores e viticultoras en activo, próximos á idade de reforma.
Interior Galego Vivo considera especialmente grave esta situación porque non estamos a falar dun problema novo, mais cronificado, e levamos anos denunciando a conxelación dos prezos en orixe, en canto a inflación erosiona ano tras ano a renda das explotacións e os custos de produción se disparan.
? ? ???????? ??????????
O Consello Regulador da Ribeira Sacra non pode limitarse a observar en silencio como se deteriora a renda das persoas que sosteñen a Denominación de Orixe. Debe dar voz á situación real e non mostrarse conformista e subordinado á AGACAL e á Xunta, como ten feito até o de agora. A neutralidade non existe: ou se está coa base social que sostén a DOP ou se lle vira as costas para abrazar as instituciós e outros intereses de parte.
A súa responsabilidade non remata no control da produción ou na promoción do viño (menos nos últimos anos, dito sexa de pasaxe, ao non contratar vedores). Debe defender os intereses do sector produtor e reclamar unhas condicións que permitan a súa continuidade.
Non se pode pedir ás viticultoras e aos viticultores que reduzan rendementos cando se sabe en que condiciós producen: afrontando os efeitos dun clima cada vez máis extremo, mantendo as ribeiras en zonas de enorme dificultade e, ao mesmo tempo, aceitando prezos que non permiten cubrir os custos de produción.
??? ??? ?????????????, ??? ??? ?????? ?? ??? ??????
É por iso que Interior Galego Vivo reclama:
Á Consellaría do Medio Rural, a elaboración inmediata dun estudo oficial dos custos efectivos de produción da uva na Galiza, diferenciando as condicións específicas da viticultura de montaña e das diferentes zonas e castes.
O cumprimento efectivo da Lei da Cadea Alimentaria, impedindo que se formalicen contratos por baixo dos custos efectivos de produción. As AAPP deben garantir que os contratos se asinen coa suficiente antelación.
As axudas á paisaxe non poden condicionarse a pertencer a unha DOP, xa que mantén a paisaxe quen mantén a súa viña, non quen paga unha cota na DOP.
Que nengún viticultor ou viticultora quede sen contrato antes da entrega da uva, evitando a indefensión na que hoxe se atopan moitas explotaciós.
Ao Consello Regulador da Ribeira Sacra, que abandone o silencio e asuma a súa responsabilidade na defensa do sector produtor. Se se pode reclamar ao MAPA o uso de naves non tripuladas para dar sulfato con maior determinación e prioridade haberá que exixir rendas dignas para a maioría dos que pagan a cota do Consello.
Transparencia na formación dos prezos e nas condicións de contratación da uva. Amais, debe haber controis reais que impidan a entrada de uva foránea nas adegas.
Por último, é incomprensíbel que, nun contexto tan adverso, haxa voces triunfalistas sobre o futuro da viticultura galega. Non hai motivo para o triunfalismo cando unha parte importante dos contratos continúa sen asinar, cando os prezos en orixe levan décadas sen evolucionar ao ritmo dos custos e cando a mudanza climática obriga a realizar cada vez maiores esforzos para obter minguantes rendementos.
Os viticultores están á intemperie.Mentres a Administración non elabora os dados que debería, mentres o Consello Regulador garda silencio e mentres os prezos non cobren os custos, o abandono do viñedo seguirá avanzando.
?? ???????? ??????????? ?? ??????, ??? ??? ???????? ????????????? ????.
??? ??? ????? ????? ??? ????? ?? ????????́?. ? ??? ??? ?????? ???? ? ??????? ????? ??? ????????????.

No Comments