07 Mar 8M con forza no interior galego
As mulleres dos concellos do Interior Galego Vivo temos claro que este 2021 non podemos rebaixar a loita feminista do 8 de marzo.
O coronavirus amosou a fraxilidade dun sistema apoiado nas desigualdades, afondando os problemas das mulleres.
No interior galego avellentado, supuxo máis carga de coidados no fogar, perda de empregos femininos e incapacidade de avanzar na igualdade a nivel laboral, tanto no agro como noutros eidos.
Ademais, os traballos máis precarios e feminizados, os imprescindibles, empeoraron as súas condicións: dende as limpadoras a coidadoras de persoas dependentes.
Neste interior galego, as mulleres mozas continúan tendo que emigran en canto as boas palabras das administración se suceden sen investimentos reais e oportunidades de futuro na nosa Terra.
Por iso, este 8M acompañamos o movemento feminista galego, que convoca folga de coidados, laboral, de consumo e estudantil.
No Comments