Apoio á manifestación de traballadoras do SAF

Apoio á manifestación de traballadoras do SAF

🟣 Interior Galego Vivo apoia a manifestación do persoal de SAF de todo o país.

🕐 O 22 de maio, ás 12 da mañá, animámosvos a tod@s a saír ás rúas de Chantada e acompañar ás traballladoras do SAF de toda Galiza nas súas xustas reivindicacións ⚖

📣 Por que saen á rúa?

🚫 𝐨𝐬 𝐜𝐨𝐢𝐝𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐧𝐨𝐧 𝐩𝐨𝐝𝐞𝐧 𝐬𝐞𝐫 𝐮𝐧 𝐱𝐢𝐠𝐚𝐧𝐭𝐞𝐬𝐜𝐨 𝐧𝐞𝐠𝐨𝐜𝐢𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐮𝐧𝐬 𝐩𝐨𝐮𝐜𝐨𝐬 𝐩𝐨𝐥í𝐭𝐢𝐜𝐨𝐬 𝐞 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐬𝐚𝐬 💰 a custa da precariedade do servizo e da explotación laboral das traballadoras que, aínda por riba, sáenos moito máis caro aos contribuíntes 💸

🚫 falta 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐫𝐚𝐧𝐳𝐚, 𝐦𝐞𝐝𝐢𝐨𝐬 𝐞 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐥 para atender ás persoas utentes como se merecen.

🚫 Lonxe de mellorar a situación coa pandemía esta foi a pior, até con incremento de privatizaciónsne despidos (Chantada, Ourense, Monterroso…) para incrementar o lucro das empresas contratistas.

📣 Que é o que piden e por que favorece q sociedade?

✅ Incrementos de medios técnicos, por exemplo guindastres, para mellorar a atención aos nosos maiores 👩‍🦳 e mais para evitar lesións que están minando a saúde das traballadoras. 👩‍⚕

✅ Recoñecemento como doenzas profesionais 🏥 das hernias discais e outras asociadas ao ámbito dos coidados e e aplicación de coeficientes redutores da idade de xubilación pola penosidade do traballo.

✅ Cese dos depidos 🛑 e cumprimento do convenio colectivo.

✅ Readmisión das traballadoras ⚒.

✅ Incremento do plantel para evitar piorar a estabilidade emocional de moitos utentes. 👨‍🦳🦽

✅ Remunicipalización de todos os SAF galegos. A privatización só provoca un sobrecusto para a cidadanía e pior atención para os maiores. 🔎 Con carácter inmediato, deben vixiarse as empresas privadas para que cumpran as cláusulas dos contratos.

✅ Prohibir ⛔ contratos de menos de 25 horas.

✅ EPIs suficientes e axeitados. 😷

💜 O SAF NON SE VENDE, O SAF DEFÉNDESE 💪 💜

Tags:
No Comments

Post A Comment