05 Dec IIª Asemblea das candidaturas "Por un interior galego vivo" en San Xoan de Río
IIª ASEMBLEA DAS CANDIDATURAS POR UN INTERIOR GALEGO VIVO EN SAN XOÁN DE RÍO
Decembro, 2019.
As candidaturas constituídas na plataforma POR UN INTERIOR GALEGO VIVOautoconvócanse para unha segunda xuntanza xeral, na que se afondará na organización da plataforma e no plan de traballo para os vindeiros meses.
A xuntanza terá lugar no salón de plenos do Concello de San Xoan de Río o 21 de decembro de 2019 ás 12 h.
Entre os asuntos de urxencia a tratar, comúns a todo o interior galego, poranse en común propostas sobre políticas para a Ribeira Sacra e a Reserva da Biosfera(Courel-Iribio-Ribeira Sacra) que revertan no benestar da cidadanía e nun apoio real ao patrimonio e ao medio natural, un debate sobre o aumento dosvalores catastrais no medio rurale o incremento de cargas sobre as persoas que viven neste territorio, así como as condicións do Servizo de Axuda no Fogare xestión dos servizos públicos, que precisa un reforzo en todo este interior avellentado.
Asemade, queremos estudar medidas e propostas para o estado de emerxencia climática e como contribuír a que reverta no territorio a fixación de carbonoque este fai, así como o labor social que a agricultura xera para toda a sociedade. É necesario desenvolver o territorio e que se atenda ao que este realmente xera e non unicamente a criterios poboacionais.
De por parte, mostramos a nosa preocupación pola mingua de servizos, particularmente polo ataque do Goberno galego aos hospitais comarcais, e manifestamos o noso apoio ao persoal e cidadanía que defende a restitución da unidade de partos do Hospital de Verín, así como a necesidade de que tanto Verín como Monforte, o Barco e A Mariña volvan ser áreas sanitarias con capacidade de xestión e/ou volvan ter máis autonomía.
Están convocadas á xuntanza persoas das candidaturas asinantes do manifesto, mais está aberta a colectivos e xentes destes territorios do interior galego que se queiran sumar á defensa da vida digna nas nosas comarcas.
Posteriormente, haberá un xantar para o que cómpre anotarse antes do 18 de decembro (cupchantada@gmail.com).
No Comments