Apoio á manifestación do 9 de febreiro pola nosa Sanidade Pública

Apoio á manifestación do 9 de febreiro pola nosa Sanidade Pública

Foto de Xuntos Por Laza.

Asumimos as reivindicacións de SOS Sanidade Pública e apoiamos a manifestación do 9 de febreiro e presentación de mocións nos Concellos para reclamar unha atención sanitaria digna no interior galego.

As protestas dos Centros de Saúde, o levantamento da poboación e profesionais de Verin contra o peche do paridorio do seu hospital, as protestas de nais e pais contra a falta de pediatras, son algunhas das manifestacións do malestar cidadán fronte a crise sanitaria do goberno Feijóo.

Queremos:

– Orzamentos suficientes para a Sanidade.

– Centros de Saúde no rural co persoal necesario.

– Frear o desmantelamento dos hospitais comarcais.

– Revisar os concertos cos hospitais e clínicas privadas e eliminar aqueles que non sexan necesarios, tal como dispón a Lei Xeral de Sanidade. 

– Redución drástica das listas de agarda e tempos de demora das consultas de atención especializada, probas diagnósticas, cirurxía e procedementos terapéuticos. Publicar as listas de espera ocultas e rematar coa manipulación das mesmas

– Acabar coa política de persoal dos servicios de saúde baseada na precariedade e na explotación laboral.

– Comprometerse coa defensa das unidades de partos de todos os hospitais comarcais e instar á Xunta a pedir perdón pola xestión sanitaria do peche e anuncio de reapertura do paridoiro de Verín.

https://scontent-mad1-1.xx.fbcdn.net/v/t1.0-9/83284810_566315870622198_4942576105707012096_n.jpg?_nc_cat=104&_nc_ohc=9J1pQIBvRV8AX9-jrlB&_nc_ht=scontent-mad1-1.xx&oh=20f659dc6a8d8a64cd0258475484a649&oe=5ECC074D

Tags:
No Comments

Post A Comment