10 candidaturas do interior galego asinan un manifesto Por un interior galego vivo

10 candidaturas do interior galego asinan un manifesto Por un interior galego vivo

En Belesar, o sábado 4 de maio, dez candidaturas municipalistas do interior galego comprometíanse publicamente a traballar cooperativamente en alternativas de vida e traballo digno para as comarcas do interior galego.

Ás cinco da tarde, sobre a ponte de Belesar, as candidaturas de Por Chantada-CUP – anfitriona do evento -, Son de Manzaneda, C@urel Vivo, Xuntos por Chandrexa, Alternativa Veciñal de Antas de Ulla, Son do Pereiro de Aguiar, EspertaMonforte!, Son de Trives, Agroma Sober e Xuntos por Laza, leron e asinaron o manifesto “Por un interior galego vivo”, emprazándose a unha vindeira xuntanza de traballo para o mes de xullo no Macizo Central.

As candidaturas, pertencentes a provincias de Lugo e Ourense, teñen vontade de superar o marco administrativo das Deputacións e traballar en alternativas administrativas e de financiamento local que permitan atender as necesidades básicas da veciñanza destes concellos.

Asistiron voceiros e voceiras das distintas candidaturas e o Alcalde de Manzaneda, Félix Domínguez Cortiñas.

Tags:
,
No Comments

Post A Comment