18 Mai Por Chantada propón medidas para protexer o mosteiro de San Salvador de Asma
- A candidatura viciñal lamenta que prosiga o abandono por parte da Xunta e do Concello de Chantada a pesar de ser declarado BIC na categoría de monumento (BIC.000.705).
- Por Chantada propón impulsar un plan especial de protección (PEP) do mosteiro de San Salvador de Asma como primeiro paso firme para deter o seu deterioro e demanda dirixirse á Consellaría de Cultura para que colabore nas actuacións protectoras através dun convenio de financiamento do devandito instrumento de planeamento urbanístico.
- Antom Fente e Cruz Fernández defenderán no pleno que o Goberno central e a Xunta adquiran o mosteiro para darlle un uso público e garantindo o seu uso e desfrute, en tanto BIC, para a toda a cidadanía.
Accede á nova completa aquí.
No Comments