Denunciamos o estado da vía do tren de Areas a Santo Estevo

Denunciamos o estado da vía do tren de Areas a Santo Estevo

Agroma Sober súmase á denuncia veciñal polo estado lamentable da vía do tren entre Areas e Santo Estevo

Agroma Sober solicita ao Concello que reclame ante ADIF polo estado da vía e mellore a contorna da estación de Areas

Sober, 7 de outubro de 2025.

A veciñanza de Areas (parroquia de Rosende, Concello de Sober) leva meses denunciando – sen obter resposta de ningunha administración – a intolerable situación na que quedou a contorna tras as obras de modernización da vía Monforte-Ourense por parte de ADIF.

Estas obras deixaron restos de material na contorna da vía, especialemte no tramo de Areas a Santo Estevo.

A vía abriu ao tráfico en novembro de 2024, pero os restos do material das obras continúan na zona case un ano despois. O cableado permanecen exposto, hai risco de desprendemento de pedras na ladeira que dá a estrada que une Sober e Pantón, quedaron múltiples residuos da obra por toda a contorna, incluído o río, verteuse formigón nos camiños e no río e quedaron elementos inacabados que supoñen perigo para persoas e animais. Todos estes restos contribuíron á propagación do grave incendios iniciado en Pombeiro.

As obras de modernización integral da vía Lugo-Ourense motivaron a licitación de distintos contratos millonarios, con cargo a fondos europeos. As condicións deste tipo de contratos levan aparellado un Plan de Actuacións Medioambientais, incluíndo a xestión de residuos, o que, á vista está, non cumpliron as distintas empresas subcontratadas.

Estamos nunha contorna de alto valor ambiental, nas ribeiras do río Cabe, ZEC (Zona de Especial Convervación) Rede Natura 2000.

En xeral, o lugar de Areas está abandonado, merecendo unha mellora xeral das estradas e do apeadeiro, sendo un punto de parada do tren que pode ser referencia para a veciñanza da zona. Asemade, pese a formar parte da Rede Natura, proliferan as acacias en ambas as marxes do Cabe.

Os problemas detectados agraváronse co incendio de Pombeiro deste mes de setembro.

Dende Agroma Sober consideramos intolerable esta situación, que xera gran perigo para as persoas e mantén no abandono un dos espazos de maior interese paisaxístico da zona.

Por iso, presentamos moción no Concello solicitando o seguinte:

1. Trasladar como Concello de Sober unha reclamación ante ADIF achegando esta denuncia da veciñanza de Areas e solicitando o arranxo das irregularidades na obra da vía do tren Monforte-Ourense.

2. Retirar o lixo dos colectores da contorna da estación de Areas e adecentar o espazo exterior.

3. Trasladar a ADIF a petición de adecentamento da casa da estación de Areas.

4. Impulsar un plan xeral de mellora das estradas e camiños da zona de Areas en ambas ribeiras do Cabe, xunto coa Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Pantón.

5. Impulsar un plan de erradicación das mimosas na ribeira do Cabe en Sober

Pasamos a describir os problemas, tomando como fío as propias denuncias da veciñanza, xunto con fotografías da propia veciñanza e de Agroma Sober (PDF adxunto).

No Comments

Post A Comment