02 Nov Solidariedade coas vítimas da DANA
Dende Interior Galego Vivo enviamos a nosa solidariedade coas vítimas da DANA e compartimos a súa dor.
En situacións coma estas é patente a importancia de servizos públicos ben dotados, incluídos os de emerxencias.
O negacionismo climático e o desprezo da ciencia ten consecuencias funestas: a meirande tarefa que temos os concellos é preparármonos para afrontar a mudanza climática. Agora o prioritario é seguir coas labores de busca de persoas desaparecidas, mais cómpre ir mudando protocolos e leis para garantir a seguridade das persoas, como pode ser a prohibición de actividades non esenciais con alerta vermella da AEMET, protexendo así á xente traballadora.
A inmensa ola de solidariedade que se está a dar debe canalizarse axeitada e organizadamente, polo que lembramos a importancia de estar os Concellos en coordinación coa FEGAMP e as persoas a nivel particular con ONG e institucións encargadas do reparto.
No Comments