22 Set Alternativas ao espolio do oligopolio das eléctricas
(dados do Observatorio Eólico da Galiza):
?? 4.026 aeroxeradores en 2019 no territorio galego. A Galiza é, se ponderamos a súa superficie, quen máis enerxía eólica xera do Estado e producimos 75,6% da enerxía renovábel estatal en 2020, cun aumento do 14,5% respecto do ano anterior. Cifras que revelan o espolio neocolonial do país, que se ceba co mundo rural.
?? 700 millóns de euros ? de facturación estimada en 2017. No territorio non repercute en nada (positivo) e está sendo motor do despoboamento (ruídos, perda de usos e valor das fincas, expropriación, mingua paisaxística e ambiental que repercute negativamente no turismo…).
? Interior Galego Vivo (IGV) defende un 1️⃣ canon enerxético xusto, que reverta parte dos beneficios do oligopolio no territorio; 2️⃣ coxeración, que axude a viabilizar proxectos de vida no rural; e 3️⃣ redes de produción e distribución públicas que, xunto a outras mudanzas lexislativas, permitan embridar o poder de mercado desmesurado das eléctricas.
Porque acreditamos no futuro para o rural e nunha política enerxética integral e global que incorpore a todos os axentes implicados. En ??, ?? ou ?? a viciñanza é socia das empresas desde 1970, ou sexa, non só arrendan os terreos (non os regalan baixo extorsión), mais tamén son accionistas recebendo parte do beneficio.
? Non abonda reclamar unha “tarifa galega”. Hai que emponderar as comunidades. En Dinamarca ?? o equivalente á nosa parroquia intala un aeroxerador de circuíto fechado que fornece enerxía a todas as casas dun territorio. Canto axudaría iso á viabilidade das nosas explotacións ?? Non faría o rural máis atractivo ?️ e permitiría facer investimentos en mellores servizos para as freguesías?
?? A Axenda 2030 de Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel exixe que as renovábeis sexan compatíbeis coa sustentabilidade ambiental e o benestar. Porén, PP e PSOE ?☠️ permitiron e permiten marcos normativos espoliadores, onxe se instalan parques eólicos en zonas protexidas (Reserva de biosfera, Rede Natura).
⚠️ Existen alternativas. Falta o noso compromiso para organizarnos e darlle voz ao rural.
No Comments