30 Set Non só son as uvas! Interior Galego Vivo manifestouse contra o retiro de Rueda en Sober en defensa da viticultura e do ensino na Ribeira Sacra
Non só son as uvas! Interior Galego Vivo manifestouse contra o retiro de Rueda en Sober en defensa da viticultura e do ensino na Ribeira Sacra
ANPA do colexio público de Sober únese á concentración ante o pazo de Sober contra os recortes educativos
Sober, 30 de setembro de 2024.
O domingo 29 de setembro, coincidindo coa fin do retiro do Goberno da Xunta no pazo de Sober, Interior Galego Vivo convocou unha concentración ás 12 h diante da finca do pazo.
Con esta acción, IGV amosou o total apoio ás reivindicacións das e dos viticultores da Ribeira Sacra aos que este ano non se lles recolle uva, apoiando a concentración convocada polo SLG.
Asemade, como “non só son as uvas”, pois trátase do futuro de todo o territorio, sumáronse á concentración a ANPA do CEIP Virxe do Carme e unha representación da do colexio de Ribas de Sil, ambas protestando polos recortes educativos na zona, aproveitando a presenza en Sober do Conselleiro de Educación.
Así, na concentración tivo unha importante presenza a protesta contra os recortes educativos, con lemas como “os amigos de Dorado non gastan en profesorado”, unindo así forzas co sector do viño.
Hai que lembrar que a escasos metros do pazo se sitúa o CEIP Virxe do Carme, onde a Xunta incumpre as rateos de profesorado establecidas no seu propio “Acordo de melloras” e que o centro ten unha profesional de Pedagoxía Terapéutica só 3 dos 5 días que lle corresponderíán legalmente, e isto a pesar de que a Consellería coñecía dende o curso pasado esta necesidade.
Hai que sinalar que ningún membro do Goberno galego se achegou ata a concentración para, sequera, coñecer as reivindicacións.
Agroma Sober – Interior Galego Vivo
No Comments