![](https://igv.gal/wp-content/uploads/2023/11/CAPA_acto_0912231.jpeg)
29 Nov Reiteramos a proposta de ACORDO AMPLO nas provincias de Lugo e Ourense para rematar coa hexemonía do PP e pór a voz do interior galego no Parlamento.
Interior Galego Vivo reitera a súa proposta de ACORDO AMPLO nas provincias de Lugo e Ourense para rematar coa hexemonía do PP e pór a voz do interior galego no Parlamento.
IGV dirixiuse a BNG, PSdG-PSOE e Sumar Galicia propondo un encontro sobre as Eleccións Galegas e un programa centrado nas necesidades do rural
Chantada, 29 de novembro de 2023
![](https://igv.gal/wp-content/uploads/2023/11/CAPA_acto_0912231-641x1024.jpeg)
O pasado 18 de novembro a VIª Asemblea de Interior Galego Vivo acordou traballar para artellar un acordo amplo sobre un programa común de defensa do rural e dos servizos públicos en todo o territorio que garanta que nengún voto se perde en Lugo ou Ourense para acadar o necesario cambio político en Galicia.
Así, nos pasados días enviamos convites a BNG, PSOE e Sumar parafixar un encotro polo interior galego, que analice o cenario das eleccións Galegas e poña por cima da mesa propostas programáticas urxentes para o rural galego.
Non é tarde para maximizar a onda de cambio que existe en Galicia para rematar cun Goberno do PP na Xunta que pon os intereses de grandes fortunas e grandes empresas por riba da cidadanía e que condena ao interior galego á inanición ao tempo que destrúe a sanidade e os servizos públicos.
Reiteramos que se a prioridade é pór fin ás políticas depredadoras do territorio, que multiplican a desigualdade, o conxunto dos actores políticos deben impulsar un ACORDO AMPLO sobre a base dun ACORDO PROGRAMÁTICO COMÚN CENTRADO NO RURAL. O contexto é moi adverso, mais a oportunidade é histórica.
O axustado resultado das diferentes eleccións, que penaliza a fragmentación, e o carácter crítico do momento actual para o País, nomeadamente para as comarcas do interior galego, esixe audacia e diálogo permanente con outras opcións que permitan artellar acordos amplos para avanzar en direitos e mellorar a calidade de vida das nosas poboacións. Non é tempo de enrocamentos identitarios, senón de solucións valentes: cada forza política que quere o cambio galego ten que facer o máximo esforzo por ampliar o seu electorado, derrubando o muro da alta abstención e aglutinando o máximo posíbel o seu espazo.
É por iso que reiteremos o convite a unha xuntanza no interior galego ás forzas progresistas galegas, coa finalidade de explorar acordos amplos para derrubar o goberno do PP e pór no centro as persoas e os nosos territorios. Audacia e programa en defensa da Terra.
Terra a nosa!
Lembramos o acordo sobre Alianzas
Cordinadora de Interior Galego Vivo
No Comments