Infografía sobre a “plusvalía”

Infografía sobre a “plusvalía”

O 26/10/2021 unha sentenza do TC veu a subliñar, a respecto da plusvalía, novamente algo que xa apuntaramos hai anos desde candidaturas como Por Chantada: un imposto parcialmente inconstitucional (STC 59/2017) que as persoas podían reclamar.

O Goberno, que tivo anos para mudar este imposto faino agora por RD e permitirá baixar 15% o valor cadastral para o cálculo, que vai ser o piar para devengar agora o imposto.

A fiscalidade local precisa unha reforma e non parches, para alén de ser necesaria unha #fiscalidaderural diferenciada como pede #InteriorGalegoVivo.

Nun horizonte non moi afastado no interior coa fiscalidade que iguala urbe e campo sairá máis barato destruír ca manter e restaurar!

As nosas propostas nas ordenanzas municipais:

– maior progresividade nos #tramos (non pode computar igual unha vivenda que vale 400.000€ que a que vale 1 millón) e nas #bonificacións.

– bonificación, até 95% da cota íntegra, para terreos sobre os que se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese e utilidade municipal, tendo en conta o sector primario.

– bonificacións para #vivendahabitual, no caso de transmisión por causa de morte a favor de descendentes e adoptados, debería ser de 95% (o máximo legal permitido).

Aquí unha infografía útil:

No Comments

Post A Comment