13 Mai Documento político IGV: o rural ten partido. Democracia, participación e municipalismo para un Interior Galego Vivo
Unha rede cidadá para termos futuro.
- Consulta o documento completo aquí.
Interior Galego Vivo é unha rede cidadá para construír futuro no interior galego e frear a demotanasia, é dicir, o despoboamento inducido por políticas que buscan facer do interior galego un territorio bailerado para o espolio de corporacións e fondos de investimento internacionais.
A razón de ser de IGV é a defensa do territorio e dos habitantes do interior galego desde a sociedade civil e o municipalismo.
As coordinadas ideolóxicas que nos moven:
– DEFENSA DA TERRA e GALEGUISMO: galeguismo emancipador, soberanía alimentar,
soberanía enerxética, vertebración e equilibrio territorial, ecoloxismo, patrimonio material e inmaterial…
– APOIO MUTUO E DEMOCRACIA RADICAL: irmandade, igualdade, feminismo participación e transparencia.
– DIREITOS INDIVIDUAIS E COLECTIVOS: cidadanía, direitos colectivos dos pobos e
dos territorios a fin de garantir a xustiza social e territorial, Iberismo que pasa polo
afondamento das relacións coa Lusofonía e aposta pola Eurorexión…
– GALIZA CÉLULA DE UNIVERSALIDADE. Internacionalismo e fraternidade, ninguén
é unha illa e cómpre unha Europa social dos pobos.
– ECONOMÍA SOCIAL. O mercado ao servizo dos pobos e non a sociedade ao servizo do
mercado.
No Comments