Eólica así non: concentracións no interior

Eólica así non: concentracións no interior

#AntasdeUlla, #Chantada, #Laza, #ViladeCruces… en moitos lugares e comarcas da nosa Terra ? sentiuse hoxe #eólicaasínon!

Na rúa, a sociedade civil organizada, manifestamos que traballamos polos nosos direitos e polo futuro de tod@s: Por un Interior Galego Vivo. Porque o aire ?￯ᄌマ , as terras, a auga? e o sol ☀️ deste territorio non poden enriquecer a fondos de inversión estranxeiros en canto se dispara o prezo da luz ? e se expulsa a mocidade ?￰゚マᄏ e a poboación do rural ?￰゚マᄏ‍? ?￰゚マᄐ‍?

Ao tempo, o conselleiro de Cultura reuníase en Pantón, nun “foro” sobre a #RibeiraSacra celebrado en Pantón, con representantes de Telefónica ou Iberdrola, mentres a sociedade civil local ficaba excluída: o #BIC, a Reserva de Biosfera ou a declaración de patrimonio da humanidade como catalizadores dunha “marca territorial” para favorecer o acaparamento de terras e proxectos letais, como o parque fotovoltaico de 300 Ha que se pretende facer no proprio Pantón ao pé do encoro dos Peares en parroquias que, só na última década, perderon 60% da súa poboación.

A Terra, o vento, o sol e a auga a prezo de saldo para os fondos de investimento e o oligopolio enerxético, mentres o interior galego se baleira. Deteñamos as agresións ao territorio, denunciemos o espolio continuado e demandemos fiscalidade e xustiza para o #rural.

Neste camiño converxemos moitas e moitos, conscientes da urxencia: RIBEIRA SACRA DENUNCIA, Salvemos O Malecón, Eiquí eólicos non, Polamiúda, Colectivo Agrocuir da Ulloa, SOS Sanidade Pública, Plataforma Saf Galiza, PLATAFORMA Salva o tren, Xuntos Por Laza Asociación ” Petón Do Lobo”, Sindicato Labrego Galego, Confederación Intersindical Galega – CIG, Asociación veciñal do Saviñao, Xuntos por Chandrexa, Cinema Palleiriso, Instituto de Estudos Ulloáns, Alternativa Veciñal de Antas de Ulla, Falcatrueiros de Monterroso, Asociación Ecoloxista ADEGA, Quercus Sonora, Afectadas Liña Alta Tensión do Maxal- Observatorio Enerxético de Chantada e un longo etc.

TERRA A NOSA!

#avozdorural

#atúavoz

#interiorgalegovivo

No Comments

Post A Comment