29 Xul Interior Galego Vivo renova a súa Coordinadora para consolidar a “revolta cívica das comunidades rurais”
Interior Galego Vivo naceu en 2019 como rede que aglutina candidaturas municipalistas e movementos veciñais preocupados pola demotanasia, o despoboamento inducido por políticas caciquís que buscan convertir o interior galego nun territorio baleirado para o espolio de grandes corporacións e fondos de investimento. En menos dunha década, IGV consolidamos proxectos municipalistas sólidos en varios municicipios das provincias de Lugo e Ourense – onde somos a referencia das forzas do cambio – e contamos cunha alcaldía en Vilardevós, que impulsa decididamente políticas destinadas á cohesión social, aáprevención de incendios e á mellora da calidade de vida das persoas no medio rural.
Na VIª Asemblea celebrada en Vilardevós o 28 de xullo, IGV escolleu unha nova Coordinadora para os vindeiros catro anos, encargada de ampliar a representación en 2027 e de tecer alianzas amplas que permitan rematar coa hexemonía institucional e social do PP en Galicia.
A nova Coordinadora de IGV estará integrada por Tamara Balboa García, Alcaldesa de Vilardevós por IGV, Antom Fente Parada, voceiro de Por Chantada, Óscar Carrete Lage, voceiro de Courel Vivo, Jorge Lorenzo Vila, voceiro de Xuntxs por Laza e Paula Vázquez Verao, voceira de Agroma Sober.
En canto ao obxectivo das Municipais de 2027, IGV presentarase formando parte da coalición Agora Galicia, que aglutina proxectos locais de todo o País e que, mantendo a autonomía e as siglas locais, busca o establecemento de alianzas a nivel local ou comarcal, ao tempo que suma votos cara as Deputacións.
O programa aprobado presta gran atención aos retos que como Humanidade afrontamos no interior galego, dende os devastadores incendios de última xeración, á necesidade de impulsar comunidades enerxéticas locais, fronte a proxectos industriais extractivistas no medio rural, á importancia de políticas públicas municipais de integración das persoas migrantes ou o impulso fundamental que debemos dar ao sector agrario galego.
“O que a nosa xente agarda das e dos representantes municipais é que resolvamos problemas e saibamos actuar ante os grandes retos do presente,” – sinalou Tamara Balboaa -, “non precisa políticos locais preocupados por polémicas ou por medrar dentro do partido. Interior Galego Vivo debémonos exclusivamente á xente das nosas parroquias”.
“Eixos fundamentais do noso programa son facer traballos durante todo o ano que eviten que ardan as nosas aldeas no verán, protexer a auga potable, promover unha economía diversificada que xere empregos dignos e impulsar políticas sociais que garantan a vida digna das persoas máis vulnerables, especialmente a xente maior. En definitiva, promover comunidades vivas e diversas que señan resilientes tanto ante os riscos climáticos como ante os retrocesos democráticos.”
Os Concellos son eixos fundamentais para a resolución dos problemas da cidadanía. IGV vai facer políticas municipais con base nas comunidades locais das nosas parroquias.
No Comments